O marketing basado en contas (ABM) converteuse nunha estratexia esencial para as empresas que buscan maximizar os seus esforzos de marketing e vendas. Hoxe mostrámosche como podes poñer en marcha esta estratexia usando o software ABM de HubSpot.
¿Que é ABM?Account-Based Marketing, é un tipo de marketing que nos permite orientarnos especificamente aos clientes aos que queremos chegar mediante unha combinación de marketing de contidos, tecnoloxía e acción comercial. Con esta estratexia damos a coñecer a unha organización e conseguimos chegar ao responsable de tomar as decisións obxectivas para pechar unha venda. |
Taboa de Contidos
Para comenza a empregar as funcionalidades de ABM, primeiro debes activalas na túa conta de HubSpot. Isto pódese facer accedendo a:
Contactos > Contas de destino > Comezar
Só os superadministradores e os usuarios con permisos de acceso a Conta poden activar estas funcións.
Ao activar estas funcións, créanse automáticamente algunhas propiedades na túa conta, como 'Rol de compra' e 'Conta obxectivo'. Podes editar estos valores para adaptalos a túa estratexia comercial.
HubSpot proporciona unha plantilla de workflow, 'Ordena empresas por perfil de cliente ideal', que podes personalizar para axustarse ao perfil do teu cliente ideal.
Unha vez activadas as ferramentas de ABM, HubSpot ofrece recomendacións de empresas que poden ser ideais para o teu marketing e vendas.
Se tes túa conta de LinkedIn Ads conectado a HubSpot, podes crear unha audiencia da lista de empresas para sincronizar automáticamente as empresas das túas contas obxectivo ou dun nivel de perfil de empresa específico ca audiencia correspondente en LinkedIn.
A páxina de contas de destino principal axúdache a realizar un seguimento das contas coas que queres traballar. Aquí pode revisar a actividade da conta de destino e identificar novas contas de destino para orientar.
A integración de Slack e HubSpot permiche enviar e recibir datos de HubSpot, crear canles de Slack para negocios ou empresas, e compartir notas en HubSpot para Slack inmediatamente.
HubSpot ofreceche unha biblioteca de paneis e informes basados nas propiedades de ABM, o que te permite analizar os teus esforzos e perfeccionar a túa estratexia de ABM no futuro.
Con todo o que compartimos, está claro que implementar unha estratexia de marketing baseada en contas con HubSpot pode ser unha poderosa panca para facer crecer o teu negocio. Pero non tes que facelo só.
Galicia IT, como partner's de HubSpot, pode ser o teu perfecto aliado neste camiño. O noso equipo de profesionais dedicados de HubSpot ten a experiencia e os coñecementos necesarios para guialo en cada paso do proceso de implementación da súa estratexia ABM.
Non só che axudaremos a configurar e personalizar as túas ferramentas ABM en HubSpot, senón que tamén che axudaremos a desenvolver e executar a túa estratexia, garantindo que cada acción estea aliñada cos teus obxectivos comerciais.